Hai uns meses comezaron as obras de construción de oito novos palcos VIP no Estadio de Riazor. Estes palcos, catro na esquina de Preferencia con Pavillón e outro catro na de Preferencia con Marathón estarán totalmente finalizados para o comezo da próxima
Todos terán a mesma decoración dos xa existentes. Ao redor dunha mesa, disponse as cómodas butacas así como taburetes nos que se pode seguir o partido por televisión, ver os outros encontros da xornada, gozar dos canapés ou simplemente charlar animadamente. Pero o mellor, sen dúbida, a posibilidade de gozar do fútbol desde a terraza do palco, vivindo o ambiente de Riazor.
As instalacións contan con todas as comodidades: Teléfono, TV e Vídeo, acceso a Internet, unha terraza, unha zona interior con aseo, unha zona común para todos os invitados, tenda e a posibilidade de contratar un servizo de catering do máis alto nivel servido pola Praia Club.
Aquelas empresas interesadas no aluguer dun destes palcos para a próxima campaña poden contactar co Director Comercial do Club, D. Pablo Pereiro, no número de teléfono 981 259 500.