RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Opinión xeral: o Deportivo superará a súa crítica situación

O actual momento que atravesa o Deportivo é bastante delicado e preocupante. Os socios e afeccionados non ven o futuro nada halagüeño, aínda que hai opinións de todo tipo, pois non faltan aqueles que cren que nesta segunda volta o equipo recuperarase e pa

Ante esta situación de adversidade, quixemos pulsar a opinión dunha serie de persoas que viven moi directamente a marcha do club.

Polo, ex-xogador deportivista, é habitual en Riazor e a súa opinión hai que considerala de peso. Para o "a cousa está moi negra, os resultados non acompañan e os nervios afloran constantemente entre os xogadores e a afección...pero creo que non hai perigo de descenso..."

Para Juan Manuel Igrexas Mato, Palau, directivo encargado da parcela deportiva, desmente calquera destes rumores sobre o posible cambio de adestrador..."hai que ter un pouco de consideración coa xente que está a traballar connosco...pero o Deportivo ten que perder o complexo de inferioridade que ten..."