RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Os alevíns inician os torneos amigables da fin de semana para #ANOSACANTEIRA

Catro partidos de alevíns pertencentes ao Mundialito de Badaxoz, Torneo de Carballo e Azpeitia Cup 2017 deron hoxe venres o pistoletazo de saída aos torneos amigables previstos esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado únense Cadete A (Moraña), Infantil B (Ribeira) e Benxamín A (Pontevedra). Para o domingo queda a participación do Cadete B en Malpica e do Benxamín B en San Mamed de Ribadulla (Vedra, A Coruña).

Tres empates, balance en Badaxoz e Carballo para o Alevín A

O Alevín A, reforzado por unha selección de xogadores de varios clubs, participa no Mundialito de Badaxoz e na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo.

En Badaxoz, o cadro deportivista ten como rivais na Primeira Fase ao CP Almendralejo A, AD El Tomillar, AD Villa de Moraleja e AD Llerenense.

Hoxe venres arrancou con igualada ante o CP Almendralejo (1-1), con tanto de Álvaro Mordones.

O calendario de partidos do Alevín A, co resultado de hoxe venres, é o seguinte:

Venres 9 de xuño
ALEVÍN A 1 (Álvaro Mordones) - CP ALMENDRALEJO A 1

Sábado 10 de xuño
9:40: AD EL TOMILLAR - ALEVÍN A (Vivero 1)
12:20: ALEVÍN A - AD LLERENENSE (Vivero 1)
16:40: AD VILLA DE MORALEJA - ALEVÍN A (Vivero 1)

Clasifícanse para cuartos de final os primeiros de cada grupo e o tres mellores segundos. Esta fase xogarase o domingo 11 de xuño.

Na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo, o Alevín A colleitou hoxe venres dous empates ante o Xuventude de Oroso, campión da Fase Previa, e fronte ao Porto; ambos por idéntico resultado: 1-1.

Mañá sábado, o conxunto deportivista ten outro cinco partidos da Primeira Fase, nas Eiroas, con este calendario:

Venres 9 de xuño
ALEVÍN A 1 (Domínguez) - XUVENTUDE OROSO 1
PORTO 1 - ALEVÍN A 1 (Meki)

Sábado 10 de xuño
12:10: ALEVÍN A - EF LUIS CALVO (campo 1)
13:20: AFA ANGOLA - ALEVÍN A (campo 1)
17:35: ALEVÍN A - REAL MADRID (campo 1)
18:45: SPORTING DE GIJÓN - ALEVÍN A (campo 1)
20:00: ALEVÍN A - CELTA (campo 1)

Domingo 11 de xuño
9:30: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 2)

Os catro primeiros clasificados xogarán a Fase polo Título, mentres que os catro restantes unha Fase de Consolación.

O Alevín B arrinca con goleada en Azpeitia

O Alevín B participa desde hoxe venres 9 de xuño na Azpeitia Cup 2017, na citada localidade guipuscoana.

O conxunto deportivista está encadrado no grupo 7, co Athletic Club, Gimnàstic Manresa, Anaitasuna e Promesas Elche.

O torneo arrancou con goleada do Alevín B ao Anaitasuna (6-0), que o sitúa en boa posición de face a clasificarse para a Fase Final.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:

Venres 9 de xuño
ANAITASUNA 0 - ALEVÍN B 6 (Samuel, Álvaro, Jorge, Óscar, Pablo e Adrián)

Sábado 10 de xuño
10:30: ALEVÍN B - PROMESAS ELCHE (campo 2, herba natural)
11:30: ALEVÍN B - ATHLETIC CLUB (campo 2, herba natural)
17:00: ALEVÍN B - GIMNÀSTIC MANRESA (campo 4, herba sintética)

Os dous primeiros de cada grupo e os dous mellores terceiros dos 7 grupos pasan á Fase Final, xa o domingo 11 de xuño.

O Cadete A, ao Torneo Internacional Concello de Moraña

O Cadete A, que terminou como subcampión a liga en División de Honra, desprázase este sábado 10 de xuño a Moraña (Pontevedra), para disputar a sétima edición do Torneo Internacional Concello de Moraña.

A competición terá como escenario o campo municipal de Mirallos, a partir das 9:45 horas.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co Vitoria Sport Clube de Portugal e o Coruxo FC.

O calendario de partidos é o seguinte:

10:35: CORUXO - CADETE A
13:55: CADETE A - VITORIA SPORT CLUBE

En horario de tarde, o primeiro de grupo xogará a gran final do torneo contra o primeiro do grupo A, que está formado por Sporting Clube de Braga, Celta e Pontevedra.

Os segundos de grupo disputarán a final de consolación e os terceiros, pelexarán polo quinto posto.

O Infantil B xoga a Copa Sálvora en Ribeira

O Infantil B compite esta fin de semana na undécima edición da Copa Sálvora, que se disputa no campo da Fieiteira (Ribeira, A Coruña).

Mañá sábado 10 de xuño terá lugar a Fase de Grupos. O conxunto deportivista está no grupo C, e terá como primeiros rivais ao CCD Taragoña, Sálvora CF e Carreira CF.

O calendario de partidos do Infantil B é o seguinte:

11:40: INFANTIL B - CCD TARAGOÑA
16:20: INFANTIL B - SÁLVORA CF
19:40: INFANTIL B - CARREIRA CF

Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 11 de xuño.

O Benxamín A, no Torneo Cidade de Pontevedra

O Benxamín A compite a partir de mañá sábado 10 de xuño na decimonovena edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, no campo da Xunqueira.

O cadro deportivista quedou encadrado no grupo B, co Benfica, AJ Lérez e Pabellón CF.

O calendario de partidos do Benxamín A na Primeira Fase, o sábado 10, é o seguinte:

11:30: BENXAMÍN A - PABELLÓN CF (campo 2)
13:30: BENXAMÍN A - BENFICA (campo 1)
18:00: BENXAMÍN A - AJ LÉREZ (campo 2)

Os tres primeiros de grupo pasan á Fase polo Título, que arranca a continuación e prolongarase ata o domingo 11 de xuño. O cuarto clasificado pasa a unha Fase de Consolación, tamén o domingo.

O Cadete B compite no Torneo Malpica Vidú

O Cadete B participará este domingo 11 de xuño na primeira edición do Torneo Malpica Vidú, que se disputa na citada localidade coruñesa da Costa da Morte.

Os partidos terán unha duración de 35 minutos, e serán na modalidade de fútbol once.

O Cadete B quedou encadrado no grupo A, co Pontevedra, a Selección Coruñesa e o GD Chaves. Todos os partidos da Primeira Fase xogaranos os branquiazuis no campo da Pedra Queimada.

O calendario é o seguinte:

10:40: CADETE B - PONTEVEDRA
11:20: SELECCIÓN CORUÑESA - CADETE B
13:20: GD CHAVES - CADETE B

Todos os equipos accederán a cuartos de final, cuxos cruces estarán determinados segundo clasificación nesta Primeira Fase.

O Cadete B acaba de concluír a temporada ligueira como subcampión do grupo norte da Liga Galega.

Novo reto para o Benxamín B, o Torneo CD San Mamed

O Benxamín B xoga este domingo 11 de xuño en San Mamed de Ribadulla, en Vedra (A Coruña), un torneo de fútbol oito que organiza o club local, o CD San Mamed.

O conxunto deportivista está na Primeira Fase no grupo A, co CD San Mamed, Racing San Lorenzo, Milladoiro e Villestro B.

O calendario da Primeira Fase para o Benxamín B é o seguinte:

10:45: RACING SAN LORENZO - BENXAMÍN B (campo 2)
12:25: BENXAMÍN B - SAN MAMED (campo 2)
14:05: BENXAMÍN B - MILLADOIRO (campo 1)
16:55: VILLESTRO B - BENXAMÍN B (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.