Os Amigos Dépor 2020-2021 reciben as súas camisetas de agradecemento ao peche da temporada
Os establecementos Amigo Dépor que nesta temporada 2020-2021 acolléronse ao nivel superior de respaldo ao Deportivo recibiron, durante os últimos días, as camisetas co seu nome e a firma de todos os xogadores do equipo.
Así, membros do Real Club Deportivo como a lenda Deportivista Manuel Pablo, actual segundo adestrador do Fabril, o delegado do primeiro equipo masculino, Juan Ángel Barros ou a voz de ABANCA-RIAZOR, José Luis Núñez, visitaron aos Amigos Dépor para pechar a temporada facéndolles entrega do recordo.
Casa Juana, Cervexaría O Sampaio, Fórum Riazor, García e Lestón, Xamonería Cervexaría Sieiro, Los Ángeles Gas, Método Construción, Pastelería Naya, Setrimar Axa Seguros, Sugema, Tele Taxi e Yakart Autocaravanas xa teñen a súa camiseta o especial agradecemento polo seu apoio ao Real Club Deportivo nesta temporada tan complicada para todos.
Xunto a eles, o Real Club Deportivo tamén quere agradecer aos demais Amigo Dépor 2020-2021 colaborar co Deportivo e espera poder repetir e mellorar con todos eles a experiencia no próximo curso 2021-2022.
Foron Amigo Dépor 2020-2021:
MÁSTIL NOROESTE PUBLICIDAD CENTRO DE NEGOCIOS FINISTERRE LA CABAÑA DEL PESCADOR RESTAURANTE O CARAMUXO YAKART AUTOCARAVANAS BAR EL CHAFLÁN CASALNOVA MÁRMOLES BARBEITO PASTELERÍA NAYA CERVECERÍA LA COMPE VIAJES ORZÁN MÉTODO CONSTRUCCIÓN EL EMPORIO DE LOS SANDWICHES FORUM RIAZOR LOS ÁNGELES GAS - GASOLINERAS Y DISTRIBUCIÓN CONSULTORÍA INTEGRAL PRL TELE-TAXI CORUÑA SETRIMAR DE AXA SEGUROS CASA JUANA CERVECERÍA O SAMPAIO JAMONERÍA CERVECERÍA SIEIRO CAFETERÍA ROMPEOLAS GARCÍA E LESTÓN FISIOTERAPEUTAS ADAMS FORMACIÓN SUGEMA