RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os deportivistas doan máis de 8.500 euros para entidades sociais no partido contra o Eibar

  A Deportienda de Marineda City acogió esta tarde o acto de entrega da recaudación obtida na iniciativa solidaria de Marineda City e o Real Club Deportivo que se llevó a cabo no partido do 19 de decembro contra o Eibar. En t

O capitán do Dépor, Álex Bergantiños; Martín Pita, conselleiro da área social do Real Club Deportivo; Daniel Ramos, conselleiro da área institucional do Real Club Deportivo; e Ana López, directora de Marineda City, foron os encargados de facer entrega ás entidades beneficiarias do seu correspondente cheque coa cantidade recadada (2.139.93€ para cada unha). Recolleron a achega solidaria dos afeccionados do Dépor María Mercedes Casanova, presidenta provincial Cruz Vermella; Amalia Borrazás, de Fundación Meniños; Bibiana Santiso, de Mételle un gol ao Cancro, e Pepe Losada, do Centro Oncolóxico de Galicia; e Rosalía Martínez, vicepresidenta da Asociación Fogar de Sor Eusebia. 
 
Esta iniciativa solidaria tivo lugar no último partido antes do Nadal. Ese día todos os asistentes a Riazor recibiron un gorro de Papá Noel branquiazul de maneira gratuíta. Os gorros foron repartidos por voluntarios que, ao mesmo tempo, realizaban un peditorio para recoller donativos para os proxectos do catro entidades sociais coas que este ano quixeron colaborar Marineda City e o Real Club Deportivo. 
 
Esta acción enmárcase dentro das actividades sociais do Dépor e do programa Marineda Friends, que comprende as accións desenvolvidas por Marineda City no ámbito da responsabilidade social corporativa, unha actividade que o centro desenvolve desde os seus inicios e coa que quere achegarse á súa contorna. Marineda Friends abarca desde dar visibilidade e espazo a asociacións e entidades sociais ata o desenvolvemento de proxectos propios con fins solidarios.