RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeiro adestramento de Daniel Bachmann no Deportivo

Daniel Bachmann completou esta mañá o seu primeiro adestramento co Deportivo após confirmarse onte martes 12 de agosto a súa incorporación ao Club.

O internacional austríaco traballou con total normalidade cos seus compañeiros de demarcación (Germán, Eric Puerto e Hugo Ríos) ás ordes do preparador de porteiros Alberto Casal primeiro; e xa con todo o grupo despois.

Antonio Hidalgo comezou a deseñar o plan para o partido ante o Granada CF no Nuevo Los Cármenes deste sábado 16 de agosto ás 21:30 no primeiro partido desta temporada en LaLiga Hypermotion.

Para iso, o técnico deportivista dispuxo un partido once contra once no campo 2 após unha activación con roda de pases con finalizacións.

Ximo Navarro fai tarefas co grupo e outras co readaptador; mentres que Jose Ángel está con traballo personalizado a consecuencia dunhas molestias na coxa dereita que frearon temporalmente o seu proceso de incorporación ao grupo. Por último, Petxarroman tivo permiso para non adestrar.

Este xoves, o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo.