RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor abren este domingo 25 de xaneiro desde as 18:00 só para incidencias de abonados e abonadas

Este domingo 25 de xaneiro, día do partido ante o Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas), abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 18:00 pero unicamente para atender incidencias de abonados e abonadas.

Xa que o encontro foi declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte non se venderán en despacho de billetes entradas de público, que unicamente estarán dispoñibles en calquera momento en ticketing.rcdeportivo.es.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.