RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Os "Días Dé" abren as portas do Palco de Honra de ABANCA-RIAZOR aos hostaleiros

O RC Deportivo continuará o vindeiro domingo 4 de febreiro, no undécimo partido de Liga en ABANCA-RIAZOR, fronte ao CF Fuenlabrada (19:00 horas), coa iniciativa "O Día Dé", coa que abre o Palco de Honra do Estadio á afección e á cidadanía. Este décimo encontro será "O Día Dé Hostalaría", no que convidará a representantes de establecementos hoteleiros, de restauración e dos mercados municipais.

Representantes dos hoteis Meliá María Pita, Attica 21 e Ibis Styles Coruña, dos locais de restauración Tira do Playa, Sicilia in Bocca, Cafetería Manhattan, Taberna Sieiro, O Sampaio, A Mundiña, La Santa Bar, Siboney e Gonzaba, ademais da asociación Coruña Cociña e os mercados municipais de Elviña, Montealto, As Conchiñas, Praza de Lugo, Durmideiras, Palavea e San Agustín ocuparán algo máis de medio centenar de prazas do palco principal do recinto, a localidade máis exclusiva e con mellor visibilidade de ABANCA-RIAZOR.

En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra estarán dedicadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector da afección, para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

/* Bot imbee */