RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Os "Días Dé" en ABANCA-RIAZOR homenaxean aos clubs deportivos coruñeses

O RC Deportivo continuará mañá xoves 4 de xaneiro, no noveno partido de Liga en ABANCA-RIAZOR, fronte á Real Sociedad B (19:00 horas), coa iniciativa "O Día Dé", coa que abre o Palco de Honra do Estadio á afección e á cidadanía. Este noveno encontro será "O Día Dé Deporte Coruñés", en recoñecemento aos principais clubs da cidade no que a deportes de equipo refírese.

Representantes de Deportivo Liceo e Hockey Clube Coruña Feminino (hóquei a patíns), Básquet Coruña e Club Maristas Coruña (baloncesto), CRAT A Coruña (rugby), OAR Coruña e Balonmán Brigantium (balonmán), Club Voleibol Zalaeta (voleibol), 5 Coruña FS e Viaxes Amarelle FSF (fútbol sala) e Club Waterpolo Coruña (wáter-polo) ocuparán medio centenar de prazas do palco principal do recinto, a localidade máis exclusiva e con mellor visibilidade de ABANCA-RIAZOR.

En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra estarán dedicadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector da afección, para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

/* Bot imbee */