RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

Nova peña deportivista en marcha en Carballo, a Peña Carty

Carballo conta cunha nova peña deportivista, que ademais nace nunha semana especial para #ANOSAFORZA coa celebración do Día das Peñas o vindeiro sábado 17 de maio nos arredores de ABANCA-RIAZOR.

Trátase da Pena Carty, presidida por Martín Vázquez Pombo.

Esta nova agrupación foi apadriñada polos futbolistas Villares, Jose Ángel, Lucía Rivas e Elena Vázquez, que ademais é orixinaria de Carballo. Houbo fotos e autógrafos a discreción para todos os presentes nunha tarde en branquiazul.

A peña deportivista Carty únese ás xa creadas esta temporada como A Gándara en Narón; Ave César en Corcubión; Óscar Gilsanz en Betanzos; Silleda na localidade de Silleda; Callos Fans, Pou Monte Alto, Nabizas, Mar de Fora, Rubio, Karallada e Irmandade Branquiazul, todas elas na Coruña; e a Peña Deportivista NamasDÉ Nepal, a 8.200 quilómetros de ABANCA-RIAZOR, en Nepal.