RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

Esgotada tamén Marathón Superior tanto para novas altas como para cambios de localidade

Está esgotada tanto para novas altas como para cambios de localidade a bancada de Marathón Superior.

Xa non quedaban asentos nas bancadas seguintes en ABANCA-RIAZOR: Marathón Inferior, Preferencia Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.

Os días de cambio de localidade e modalidade prolongaranse até o 13 de agosto exclusivamente para persoas socias da temporada pasada e sempre con cita previa.

Por conseguinte, o Club agradece que os abonados ou abonadas que pediron cita previa para ter unha localidade nestas bancadas cancelen a súa cita, que pode ser aproveitada por outra persoa.

Se a persoa titular quere cambiar de localidade a unha bancada de inferior valor non se devolve a diferenza. Se se desexa cambiar de localidade a unha bancada de superior valor, deberá abonar a diferenza.

Cambio de Soci@ Amigo e Nen@ Dépor a abono con localidade

Dado que as citas previas están esgotadas, o Club abriu un prazo excepcional do 18 ao 22 de agosto para que os Soci@ Amigo e Nen@ Dépor poidan pasar a abono con asento. 

Será até chegar ao tope, presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (sito na Avenida de La Habana s/n da Coruña), por estrita orde de chegada e loxicamente nas bancadas dispoñibles.

Clica aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2025/26