
DÉPOR · 8 AGOSTO 2025
ESGOTADA TAMÉN MARATHÓN SUPERIOR TANTO PARA NOVAS ALTAS COMO PARA CAMBIOS DE LOCALIDADE
Está esgotada tanto para novas altas como para cambios de localidade a bancada de Marathón Superior.Xa non quedaban asentos nas bancadas seguintes en ABANCA-RIAZOR: Marathón Inferior, Preferencia Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.Os días de cambio de localidade e modalidade prolongaranse até o 13 de agosto exclusivamente para persoas socias da temporada pasada e sempre con cita previa.Por conseguinte, o Club agradece que os abonados ou abonadas que pediron cita previa para ter unha localidade nestas bancadas cancelen a súa cita, que pode ser aproveitada por outra persoa.Se a persoa titular quere cambiar de localidade a unha bancada de inferior valor non se devolve a diferenza. Se se desexa cambiar de localidade a unha bancada de superior valor, deberá abonar a diferenza.Cambio de Soci@ Amigo e Nen@ Dépor a abono con localidadeDado que as citas previas están esgotadas, o Club abriu un prazo excepcional do 18 ao 22 de agosto para que os Soci@ Amigo e Nen@ Dépor poidan pasar a abono con asento.Será até chegar ao tope, presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (sito na Avenida de La Habana s/n da Coruña), por estrita orde de chegada e loxicamente nas bancadas dispoñibles.Clica aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2025/26

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...