RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Os dous equipos alevíns compiten este venres 26 de decembro no torneo de nadal do Ural Español CF na Grela

Nesta semana de Nadal varios equipos de ANOSACANTEIRA teñen torneos de carácter amigable.

Así, este venres 26 o Alevín A (na foto principal da noticia) e o Fabril FC Alevín participan no tradicional trofeo que cada ano organiza o Ural Español CF no campo da Grela.

A fin de semana compiten o San Tirso SD Infantil (Lousada Internacional Cup), Alevín A (Vigo Cup), Benxamín A (Vigo Cup) e Fabril FC Benxamín (Trofeo fibwi Ibiza de Fútbol Base).

Os dous equipos benxamíns abriron no Torneo Internacional de Nadal Cordeiro CF no concello pontevedrés de Valga o calendario desta semana.

O Benxamín A foi terceiro mentres que o Fabril FC Benxamín proclamouse subcampión da Fase de Plata.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría infantil
Torneo de Fútbol Base de Lousada no Complexo Desportivo de Lousada (Portugal)
Sábado 27 de decembro
Primera Fase
9:35: AD LOUSADA - SAN TIRSO SD INFANTIL
10:45: SAN TIRSO SD INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN
12:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - MOREIRENSE FC
14:35: SAN TIRSO SD INFANTIL - FC PORTO
15:45: SAN TIRSO SD INFANTIL - FC FAMALICAO
O catro primeiros pasan á Fase Final Oro e o resto xogará unha Fase Final Plata

Categoría alevín
XVIII Torneo de Nadal Ural Español CF, na Grela 
Venres 26 de decembro
Primera Fase
9:30: ALEVÍN A - ORILLAMAR SD
11:10: ALEVÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
12:20: ALEVÍN A - SD COMPOSTELA
Segundo clasificación os equipos pasarán á seguinte fase

Vigo Cup, no complexo deportivo de Navia
Domingo 28 de decembro
Semifinal
16:50: RC CELTA - ALEVÍN A
O gañador xogará a final (18:50) e o perdedor a final de consolación (18:10)

XVIII Torneo de Nadal Ural Español CF, na Grela 
Venres 26 de decembro
Primera Fase
10:45: VICTORIA CF - FABRIL FC ALEVÍN
12:25: RC CELTA - FABRIL FC ALEVÍN
14:05: FABRIL FC ALEVÍN - PABELLÓN OURENSE CF
Segundo clasificación os equipos pasarán á seguinte fase

Categoría benxamín
Torneo Internacional de Nadal Cordeiro CF en Valga
Luns 22 de decembro
Primera Fase
BENXAMÍN A 4 (Xosé Varela -2-, Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - UD SANTA MARIÑA 0
BENXAMÍN A 6 (Tomás Sánchez -2-, Pablo Campanero -2-, Nico Mariño e Mateo Ramos) - CLUB DE CAMPO FERROL 0

Cuartos de final
BENXAMÍN 5 (Tomás Sánchez, Ian Lata, Pablo Campanero, Xosé Varela e Mateo Ramos) - CD CALASANZ 0

Semifinais
RC CELTA 2 - BENXAMÍN A 2 (Hugo Cancela e Pablo Campanero). A penaltis: 6-5

Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN A 2 (Mateo Ramos e Tomás Sánchez) - SC BRAGA 1

Vigo Cup, no complexo deportivo de Navia
Domingo 28 de decembro
Semfinal
16:50: RC CELTA - BENXAMÍN
O gañador xogará a final (18:50) e o perdedor a final de consolación (18:10)

Torneo Internacional de Nadal Cordeiro CF en Valga
Luns 22 de decembro
Primera Fase
RC CELTA 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Anxo Fernández)
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Juan Crujeiras) - BERTAMIRÁNS FC 2

Fase de Plata
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Juan Crujeiras e Bruno Gómez) - CLUB DE CAMPO FERROL 0

Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Diego Freire) - BERTAMIRÁNS FC 0

Final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Milan Songo'o) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2. A penaltis: 1-2

Trofeo fibwi Ibiza de Fútbol Base, no Campo Municipal dÉsports de Sant Antoni
Domingo 28 de decembro
Primera Fase
10:40: FABRIL FC BENXAMÍN - SD PORTMANY
13:10: PENYA ESPORTIVA SANT JORDI - FABRIL FC BENXAMÍN
17:40: SD PORTMANY ATLETIC - FABRIL FC BENXAMÍN
19:20: ATLÉTICO BALEARES - FABRIL FC BENXAMÍN
Segundo clasificación, os equipos pasarán á Fase Final