Os 'fabriles' representarán ao Dépor no Torneo Internacional Congalsa Concello de Ribeira
O Fabril FC Alevín e o Fabril FC Benxamín (na foto da noticia) representarán ao Dépor esta fin de semana na VI edición do Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base Concello de Ribeira.
A competición celebrarase este domingo 26 de maio no Complexo da Fieiteira e será a beneficio da Fundación Aladina de axuda a adolescentes e nenos con cancro.
O calendario dos equipos deportivistas é o seguinte:
Categoría alevín Primeira Fase, no campo Ferdoba 10:32: FABRIL FC ALEVÍN - FC PORTO 12:04: FABRIL FC ALEVÍN - SPORTING CP 13:13: FABRIL FC ALEVÍN - CIDADE DE RIBEIRA CF Os 3 primeiros de grupo e o mellor 4º de de os 4 grupos pasan a oitavos de final, que arrincan ás 15:30
Categoría benxamín Primeira Fase, no campo Ramiro Carregal 10:55: FABRIL FC BENXAMÍN - GONDOMAR CF 12:04: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CONXO SANTIAGO 13:13: FABRIL FC BENXAMÍN - RÁPIDO DE BOUZAS Os 3 primeiros de grupo e o mellor 4º de de os 4 grupos pasan a oitavos de final, que arrincan ás 15:30