RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Os máis novos tamén se fan donos do Dépor. Accións á venda o fin de semana en eteu.gal

  Os socios e accionistas do Dépor continúan respondendo á chamada do Deportivo para participar na Ampliación de Capital. Desde abonados que levan moitos añapoiándovos ao equipo a outros que por razóns evidentes só fan

Nesa vontade de que todos os seus socios e accionistas participen na Ampliación de Capital o RC Deportivo quere facilitar todo o posible a subscrición de accións por todas as vías posibles para participar na Ampliación da forma máis cómoda para cada un:

Online: en calquera día da semana e momento do día os socios que desexen ser accionistas só teñen que entrar na web da Ampliación de Capital: http://www.odeporeteu.gal/, encher os seus datos e comprar co seu cartón de crédito entre 1 e 1.500 accións ao prezo de 60,10 € cada unha. 
 
Presencialmente: tamén se poden subscribir accións na Oficina de Atención ao Deportivista en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres.
 
Telefonicamente: no 981 22 94 10 en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres.
 
Calquera consulta que se queira realizar sobre a Ampliación de Capital do Real Club Deportivo pode realizarse tanto na Oficina de Atención ao Deportivista como no 981 22 94 10 ou en accionistas@canaldeportivo.com
 
Os actuais accionistas tamén poden participar polo tres vías. Online dispoñen do seu PIN de acceso na carta enviada este verán á dirección postal que consta na base de datos do Club. En caso de non conservar o PIN, pode solicitarse en accionistas@canaldeportivo.com (achegando á petición fotocopia do DNI) ou na Oficina de Atención ao Deportivista. 
 
Participa na Ampliación de Capital porque é vital e sobre todo porque: Ou DÉPOR É TEU!
 
Próximas fases da Ampliación de Capital do RC Deportivo da Coruña SAD:
 
Fase 3 (do 1 de novembro de 2015 ao 31 de marzo de 2016): Abonados actuais do Real Club Deportivo que queiran converterse tamén en accionistas.
 
Fase 4 (do 1 de abril de 2016 ao 31 de agosto de 2016): Patrocinadores, provedores e empresas colaboradoras do Real Club Deportivo.
 
Fase 5 (do 1 de setembro de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017): Deportivistas, fase libre.