RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Os nenos e nenas da Escola RC Deportivo Colexio Jesuitinas recolleron os seus diplomas de fin de curso

Os 30 nenos e nenas da Escola RC Deportivo Colexio Jesuitinas recolleron os seus diplomas de fin do curso 2024-25.

Esta sede, do mesmo xeito que a Escola RC Deportivo Colexio Internacional Eirís está destinada a todos os alumnos/as do centro que desexen participar.

Calquera centro que desexe crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en escola@rcdeportivo.es.

O pasado mes de outubro arrincou un novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís; ás que houbo que engadir Sada e Zas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

Ademais, na súa localización da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre desenvolveu a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. 

Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional puxo en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.