RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos adestráronse en Abegondo "contentos por sumar un punto nun partido difícil por moitas circunstancias"

Despois dun día de descanso que veu marcado polo regreso en autocar desde Castellón durante toda a noite do luns ao martes, Os Nosos adestráronse de novo esta mañá en Abegondo "contentos por sumar un punto nun partido difícil por moitas circunstancias", segundo asegurou Helton Leite esta mesma mañá en rolda de prensa.

De feito o meta brasileiro recoñeceu ante os medios de comunicación que "tivemos unha viaxe longa", reflectido nos 1.013 quilómetros por estrada que hai entre as dúas cidades, traducidos en case 12 horas de autocar.

Óscar Gilsanz dispuxo dous grupos. Os titulares no Estadio SkiFi Castalia realizaron co resto do grupo unha activación con rondos e un exercicio de posición antes de pasar a tarefas de recuperación no ximnasio e a sala de fisioterapia.

Para o resto do cadro houbo ademais fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

"Xa empezamos a traballar centrados no FC Cartagena", apunta Helton Leite.

Están con adestramento personalizado Gauto, Escudero, Villares e Rafa Obrador.

O porteiro xuvenil Álex Marqués foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves o Dépor repetirá sesión en Abegondo de cara ao encontro deste domingo 23 de marzo ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Cartagena (LaLiga TV Hypermotion).