RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Nosos regresan a Abegondo mañá domingo ás 10:30

Finalizado o encontro ante o CD Tudelano, correspondente á 36ª xornada no grupo 1º de Primeira RFEF, Os Nosos volven ao traballo na Cidade Deportiva mañá domingo 15 de maio ás 10:30 h. Como é habitual nas sesións post-partido, os titulares esta tarde en ABANCA-RIAZOR terán unha xornada de recuperación mentres que para o resto a mañá será de alta intensidade.

A próxima cita ligueira para o Dépor será o sábado 21 de maio ás 18:30, en horario unificado, ante o Real Valladolid Promesas nos campos Anexos ao Estadio José Zorrilla. Será a 37ª xornada, penúltima, na liga.