O Deportivo soubo sufrir para remontar un resultado adverso e levar un punto do Sadar. Na segunda parte Pablo Amo nunha xogada desafortunada marcaba en propia meta, pero no 88 Sergio conseguía o empate final.
O encontro alcanzaba o descanso cun marcado dominio do esférico por parte do Osasuna pero con ocasións para ambos os bandos. O Deportivo tivo a súa mellor oportunidade nun remate de cabeza de Pablo Amo que Elía despexou a córner.
Na segunda parte continuou a tónica do encontro co Osasun máis envorcado ao ataque. Con todo fué unha xogada desafortunada de Pablo Amo, que desviou a meta un centro de Webó, a que levaría o gol do Osasuna.
Entraba no campo Víctor en substitución de Scaloni no 87, e un minuto despois o madrileño centraba unha falta á área e Sergio aproveitaba un primeiro rexeite para golpear moi duro e subir o empate ao tenteador.
Polo Deportivo de inicio: Munúa, Pablo amo, Andrade, Romeu, Manuel Pablo, Duscher, Sergio Scaloni, Luque, Valerón e Diego Tristán.
Polo Osasuna: Elía, Currais, Morais, Webó, David López, Izquierdo, Moha, Pablo García, Josetxo, Cruchaga e Puñal.