RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Outra oportunidade perdida

O Deportivo volveu a ofrecer unha mala imaxe no encontro contra o Málaga e desperdiciou unha boa ocasión de incrementar a súa vantaxe co R.Madrid e Zaragoza que empataron os seus partidos desta xornada. A pesar diso o Deportivo segue gozando dunha cómoda

O encontro xa comezou mal para o Deportivo cando na primeira aproximación do Málaga e nunha xogada de estratexia Darío Silva líbrase da marca de Naybet, recibe un pase de Sandro e bate a Songo'ou. O gol pareceu traer o desconcerto á zaga branquiazul e o Málaga dominou o partido ata ben pasado o ecuador desta primeira parte. Nos últimos minutos o Deportivo botouse arriba tendo algunhas ocasións de gol. As máis claras un remate de cabeza de Makaay que totalmente só no punto de penalti non acerta a dirixir o balon entre o tres paus e un gol de Djalminha que o árbitro anula ao estimar falta sobre o porteiro.

Na segunda parte o Deportivo saíu máis concentrado e tentou facerse aos poucos co control do partido. Xa no primeiro minuto Makaay deixou muda a bancada malagueña ao rematar pegado ao pau un bonito centro de Fran.

Pasados estes minutos iniciais o partido entrou nunha fase moi aberta en que ambos os equipos dispuxeron de varias aproximacións perigosas á área rival. O partido rompeu cando ao cortar un contrataque do Málaga no minuto 37 Mauro ve a segunda amarela e deixa ao Deportivo con dez homes. Aproveitando a inferioridade numérica do equipo branquiazul o Málaga lanzouse ao ataque e dispuxo de polo menos dúas claras ocasións de aumentar a súa vantaxe no tempo de desconto.

Con este resultado o Deportivo continua un negativo refacho de resultados lonxe de Riazor na que a última vitoria en terreo contrario remóntase ao ano pasado cando o 12/12/1999 o Deportivo vencia en Anoeta á Real Sociedade por 0-1.