RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Parte médico de Laura Fernandez e Ainhoa Marín

As futbolistas do Deportivo ABANCA Laura Fernández e Ainhoa Marín foron sometidas a probas médicas no Hospital QuirónSalud A Coruña para coñecer o alcance exacto das molestias que sofren nunha coxa.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que ambas as xogadoras sofren unha lesión muscular, polo que causarán baixa para o partido de mañá sábado 14 de agosto en Vilalonga ante o Viaxes InterRías FF, con motivo do Trofeo Concello de Sanxenxo.

Laura Fernández e Ainhoa Marín estarán uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasarán a continuación a unha etapa de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.