RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Lucas Pérez

As probas médicas realizadas onte a Lucas Pérez após o partido en ABANCA-RIAZOR ante o AD Alcorcón confirmaron que o dianteiro coruñés sofre unha fractura do arco cigomático malar.

Por conseguinte, será intervido cirurxicamente nos próximos días no Hospital Quirón Salud A Coruña polo doutor Álvaro García-Rozado, que estará acompañado polo xefe dos Servizos Médicos do RC Deportivo, Carlos Lariño.