Millene Cabral foi intervida cirurxicamente no Hospital Quirónsalud A Coruña a cargo do traumatólogo Isidro Sebastián González González dunha luxación acromio clavicular que sufriu no encontro en ABANCA-RIAZOR ante o UD Costa Adeje Tenerife o pasado mes de xaneiro.
A dianteira do Deportivo ABANCA recibirá o alta hospitalaria ao longo deste xoves 12 de febreiro e estará as próximas semanas en repouso deportivo antes de comezar o seu período de recuperación, que non será inferior a 14 semanas.
O Dépor ABANCA proponse "traballar moi duro durante a semana para tentar darlles a ANOSAFORZA esa alegría a fin de semana" no partido ante o Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR
#ASNOSAS
Fran Alonso: "Agora vese un Dépor ABANCA que ataca a área con moitísima máis fame"
#ASNOSAS
As Nosas regresan por estrada e adéstranse de novo o mércores 11 no Dépor Training Center
#ASNOSAS
Un Dépor ABANCA "nunha boa dinámica de xogo" mide as súas forzas este domingo 8 co Madrid CFF no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada
#ASNOSAS
