Pablo Muñoz foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias coas que acabou onte o adestramento do primeiro equipo en Abegondo.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión muscular no seu aductor da perna dereita.
O atacante madrileño estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, comezará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.