Sulley Muntari foi sometido a probas médicas após o partido ante o Málaga, que revelan unha lesión muscular de grao 2 no terzo medio do semitendinoso da súa coxa esquerda.
O internacional ganés estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, a medida que a evolución o permita, iniciar a fase de readaptación co readaptador Fran Molano, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.