RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Partidazo ante os Millonarios (2-3) e os gaiteiros invaden o vestiario

O Deportivo gañou por 2-3 o seu primeiro encontro da xira suramericana ante os Millonarios de Bogotá. Fora un partido moi movido e excelentemente xogado por parte dos deportivistas, destacando os goles de Traba, Piris e Cocco, quen na segunda parte despre

Os coruñeses cambiaron de hotel
MILLONARIOS-DEPORTIVO (2-3)

De sensacional hai que cualificar o triunfo obtido onte á noite (cinco da madrugada en España) polo Deportivo ante os Millonarios de Bogotá, por 3-2, en encontro disputado no Estadio Olímpico da Universidade de Caracas. Era o primeiro partido do ?Torneo Internacional de Caracas?. O equipo coruñés realizou un partido completo funcionando á perfección en todas as súas liñas, ante un conxunto que xustificou a súa condición de ?líder? na liga de Colombia e o seu título de multicampeón do seu país. Digamos, por outra banda, que Millonarios levaba nada menos que trece partidos sen perder e xogou con todos os seus titulares.

Sobre un campo excesivamente duro, xogouse de forma aberta e ofensiva, producíndose moitas oportunidades de gol. A asistencia de afeccionados foi moi numerosa xa que tanto a colonia galega como a colombiana e italiana responderon ben. O Deportivo foi moi aplaudido e animado, cousa que sucedeu tamén cos Millonarios.

-O partido.

Ao final do primeiro tempo chegouse con vantaxe coruñesa de 2-1 tras comezar marcando Millonarios, aos 11 minutos por medio de Dalla Savia, nun mal bote do balón fallou a defensa coruñesa e Canedo nada puido facer (...)

O empate chegou no minuto 27. Foi un gran remate de cabeza de Traba, en centro de Piño desde a banda dereita. O gol foi acollido con ensordecedor toque de gaitas galegas, tambores e bombo.

A dous minutos do descanso cobrou vantaxe o Deportivo, Traba foi obxecto dun claro penalti, que executou Piris, supondo o 2-1 para o Deportivo. A segunda fase iniciouse sen cambios e co Deportivo en plan de gran equipo. No minuto 13 Pousada, sobre a mesma liña de gol, foi obxecto dun penalti, derrubado por dous xogadores, pero o árbitro non o pitou. A rifa que se armou foi enorme

(...) Sobre o minuto 17 chegou o 3-1 para o Deportivo: preto da liña frontal da área colombiana García foi obxecto dunha violenta entrada. A falta executouna hábilmente Cocco, batendo por baixo a Riquelme. (...) No minuto 32 produciuse o definitivo 3-2, obra de Converti, tras un rebote á saída dun córner. O tiro foi cruzado e desde preto.

(...) Finalizado o partido, o vestiario coruñés foi invadido por gran cantidade de paisanos e un grupo de gaitas do país, cantaban, bailaban e... choraban de alegría e de nostalxia. Foi algo realmente emotivo.