RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Paseo matinal polas rúas de Bergen e adestramento vespertino

Os 19 futbolistas desprazados a Bergen, con Miguel Angel Lotina á cabeza, gozaron dun paseo matinal polas rúas céntricas da cidade norueguesa, escenario do partido de ida da Copa da UEFA mañana xoves ás 19.00 horas ante o SK Brann.

Con 11º de temperatura e un persistente orballo, futbolistas, técnicos e auxiliares deportivistas tiveron uns minutos para facer algo de turismo e comprar souvenirs de recordo dun país que visita o Depor por cuarta vez. No tres anteriores os rivais foron o Rosenborg da cidade de Trondheim en dúas ocasións e o Stabaek de Oslo noutra.

Pola tarde, Lotina confirmou en rolda de prensa que xogará Gardado por Filipe nunha defensa de cinco. "Se facemos ben as cousas podemos lograr cousas bonitas en UEFA e na liga", comentou o técnico á prensa española a pé de cesped do Brann Stadium. "Eles gañaron a liga o ano pasado e seguro que algo deben de ter", avisou ademais Lotina.

O choque de mañá xoves sera retransmitido en directo pola Sexta e a TVG. O partido de volta xogarase o xoves 2 de outubro ás 21.00 horas en Riazor.