RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Paula Gutiérrez cre que "demos na tecla onde o equipo se atopa máis cómodo"

Paula Gutiérrez vaticina ante o Madrid CFF este domingo 8 de febreiro ás 14:00 (Dazn) no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada un partido "moi competido, como todas as saídas. Cada fin de semana calquera equipo compite ben. Imos saír convencidas, a executar o plan de partido e a por os 3 puntos".

Lembra que xogou unha temporada no equipo madrileño "e é un partido ao que lle teño moitas ganas. Esperamos traer os 3 puntos á Coruña".

A centrocampista branquiazul di atoparse "nun bo momento. Teño toda a confianza do staff e das xogadoras. É o que fai a rodaxe. Estou a gusto aquí. Xa levo 5 anos e estou moi feliz".

Explica que Fran Alonso "me pide que sexa valente; que me atreva; que sexa atrevida con balón, que é o meu punto forte; e sobre todo que axude ao equipo".

Paula Gutiérrez cre que "nos últimos partidos estamos a atopar mellores sensacións. Demos na tecla onde o equipo se atopa máis cómodo. Oxalá sigamos así".

Finalmente, preguntada sobre o seu futuro, limitouse a apuntar que "estou moi feliz aquí".