RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paula Gutiérrez: "O proxecto que presenta a Directiva e o Club é moi bo, cunha base moi forte"

Paula Gutiérrez explicou esta mañá a sala de prensa de ABANCA-RIAZOR os motivos que a levaron a renovar polo Dépor ABANCA e seguir os pasos de Ainhoa Marín e Inés Altamira: "Partindo da base que desde o primeiro día dixen que estaba moi a gusto no Club, o proxecto que presenta a Directiva e o Club é moi bo, cunha base moi forte. Cando se está a gusto nun sitio e o interese é mutuo, as cousas acábanse resolvendo moi fácil. Non me requiriu moito tempo para pensalo".

A centrocampista catalá sostén que tivo claro seguir a pesar de que se escapou o ascenso porque "o compromiso que tiven desde o primeiro día foi tentar conseguir que o Dépor ABANCA volvese a Primeira División. Nas últimas xornadas escapóusenos porque a liga é moi competitiva e mostrar o meu compromiso de cara ao ano seguinte. Este ano non se puido dar e volveremos a pretemporada seguinte a dalo todo para tentar conseguilo".

Admite de cara ao choque de mañá sábado en ABANCA-RIAZOR ante o DUX Logroño (19:30) que "na segunda volta non estivemos do todo acertadas" pero asegura que "as ganas do equipo seguen intactas e queremos terminar estas 3 últimas xornadas cos maiores puntos posibles, partindo da base coa vitoria de mañá".

Do conxunto rioxano subliña Paula Gutiérrez que "é un equipo moi rochoso, moi forte fisicamente. Van esperar a saír ás transicións coa velocidade que teñen. Xa vimos o perfil de xogadoras que teñen e as ideas téñenas claras".

Por este motivo, pide "estar moi concentradas, tentar cometer os menos erros posibles para que non estean vivas e controlar o partido".