RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Pechada a OAD ata o luns, renova o teu abono en liña en abonos.rcdeportivo.es

A campaña de abonos 2017-2018, que arrincou este mércores, pechou hoxe a súa primeira semana de venda física na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR con 2.500 abonos despachados (hoxe 262 renovacións, 55 delas en liña e 18 altas)

Ao peche da OAD, e ata a súa reapertura o luns ás 10:00 h., todos os socios que o desexen poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) comodamente desde o seu computador ou dispositivo móbil na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

De cara á segunda semana de campaña que se inicia o luns na Oficina de Atención ao Deportivista, lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a súa espera, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono durante toda a campaña.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.