RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pechado o acordo para a cesión de Iván Pérez á Ponferradina, a expensas do exame médico

O Deportivo e a Ponferradina pecharon onte venres o acordo para a cesión de Iván Pérez ao conxunto berciano durante a tempada 2010-11; a expensas de que supere o recoñecemento médico o próximo luns en Ponferrada. O futb

Desta forma, Iván Pérez converterase no terceiro xogador cedido esta tempada tras Alex (Granada) e Bodipo (F.C. Vaslui de Romanía). Saíron tamén do Club por finalización de contrato Sergio e Filipe, traspasado onte venres ao Atlético de Madrid. Con Mista houbo tamén acordo para a resolución da súa vinculación contractual co Dépor.