RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pedro Mosquera: ''estou encantado en Coruña, no Deportivo, coa miña familia, cos meus amigos''

  Pedro Mosquera compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa do Estadio de Riazor. "Estou encantado aquí, xa o dixen moitas veces. Estou encantado na Coruña, estou encantado no Deportivo

Ademais, confesa o mediocentro coruñés que lle axudou a tomar a decisión de quedar "unha conversación que tiven co míster, porque ao final cando hai moita diferenza de diñeiro que che ofrecen entre un sitio e outro, que neste caso si a había, ao final necesitas escoitar a outras persoas, máis alleas a ti e á túa familia. O míster en todo momento deume bos consellos. El pasou por unha situación parecida. Ao final decidín quedarme aquí guiado un pouco polo que me dixo el".

Insiste en que decidiu seguir na Coruña "escoitando a outras persoas, escoitando á miña familia, escoitándome a min mesmo. Ao final decidín iso, que o mellor para min e para o Club era quedarme aquí. Estou encantado. Á parte non me parecía moi ético en metade de tempada irme. Ao final estou moi agradecido ao Deportivo pola tempada que estou a facer. Estou moi a gusto aquí".
 
Lembra como viviu eses días nos que apareceu o interese da Valencia: "a calquera xogador gústalle que o pretendan outros clubs. Iso significa que as cousas se están facendo ben, tanto a nivel persoal como de equipo. Vivino moi tranquilo, tentei facer o que cría máis oportuno, o que cría que era mellor para o Club e para min. Ao final decidín quedarme aquí".
 
Mosquera recoñece que as dúas partes "fixemos un esforzo. A directiva puxo todo para que me queda aquí e entre os dous chegamos a un acordo. Chegamos a un acordo rápido, relativamente rápido, e ao final o importante é que estou aquí, encantado".
 
Na súa opinión, "a oferta da Valencia era moi atractiva non só polo nivel económico senón polo nivel futbolístico. A Valencia non está a pasar un bo momento futbolístico pero o normal é que termine a tempada sen problemas en Primeira, cunha perspectiva de crecer grande". Non se expuxo se imos competir coa Valencia, "pero si que é verdade que as cousas se están facendo ben no Club, sobre todo estes últimos dous anos".
 
Nesta liña, reitera que o Deportivo "ten unha perspectiva de crecer. Está a facerse unha boa tempada, estamos nun posto tranquilo, temos que seguir traballando; e a partir de aí, eu teño confianza no proxecto, teño confianza en que este Club poida volver estar en postos máis cómodos que nas últimas tempadas".