RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Peke chega ao Deportivo Abanca procedente do Santa Teresa da Liga Iberdrola

Ainize Barea Núñez (Arrigorriaga-Biscaia, 25 de xaneiro de 1992), coñecida deportivamente como Peke, converteuse na segunda incorporación do Deportivo Abanca cara á Temporada 2017-2018, a segunda da historia do conxunto feminino branquiazul.

Peke é unha xogadora rápida e polivalente, que pode actuar en calquera das posicións de ataque. Procede do Santa Teresa CD, de Badaxoz, co que disputou a Liga Iberdrola as dúas últimas temporadas, alcanzando a 11ª e a 9ª praza, respectivamente.

A xogadora vasca empezou xogando ao fútbol sala aos 6 anos, ata que aos 12 deu o salto ao campo grande co CD Ugao. Alí militou ata a súa marcha ao Santa Teresa CD, hai dous anos. Tras comezar o curso recentemente finalizado de baixa por lesión, Peke acabou xogando 22 partidos da Liga Iberdrola (9 como titular), nos que anotou 1 gol, na vitoria por 3-0 fronte ao Espanyol. En ambas as campañas co equipo pacense conquistou a Copa de Estremadura.

Peke, que mide 1,53 metros e pesa 53 quilos, tamén foi seleccionada por Euskadi en categorías inferiores durante tres temporadas.

Con esta fichaxe, o corpo técnico comandado por Manu Sánchez conta xa con 16 xogadoras: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena, Miga, Gere, Silvia Mérida e Peke.