RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel axusta as pezas na sesión vespertina de Vilalba

O Deportivo adestrouse esta tarde, por segunda vez no día, no campo da Magdalena de Vilalba.

Pepe Mel deseñou un adestramento táctico, con traballo por liñas e partidos no que deu constantes instrucións aos seus xogadores.

Cos fabrilistas Edu Expósito e Francis, só Carles Gil estivo á marxe do grupo, ás ordes do readaptador Fran Molano.

No Hotel Attica 21, tras a cea, está prevista unha nova charla a cargo da psicóloga Patricia Ramírez, de visita na concentración do Dépor.

Mañá xoves 10 de agosto haberá unha única sesión de adestramento, ás 10:30 horas na Magdalena.