RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pinchi despídese do Dépor

Óscar García Quintela "Pinchi", comunicou hoxe ao Real Club Deportivo que non continuará no Club a próxima temporada. O xogador coruñés quere despedirse da afección branquiazul coa seguinte carta:

"Deportivistas:

hoxe comuniquei ao meu Club, ao Deportivo, que os nosos camiños se separarán a partir da temporada que está a piques de empezar. Antes de iniciar esta nova aventura profesional quero pechar a que, polo momento, foi a etapa deportiva e persoal máis importante da miña vida. Porque iso foi até hoxe o Dépor para min, a miña vida, a miña familia deportiva. Unha oportunidade de crecer futbolística e persoalmente en casa, xunto á miña familia e amigos, acumulando enormes experiencias que me acompañarán para sempre. Quero agradecer a todos os adestradores que tiven no Club, a todos os compañeiros cos que compartín adestramentos, partidos e viaxes, aos médicos, físios, utileros e persoal do Dépor, á dirección deportiva e ao presidente, aos que me fixeron máis fácil este percorrido, todo o tempo compartido. Non se o que deparará o futuro, pero teño claro que esta será sempre a miña casa e que foi unha honra e un privilexio defender estas cores. Ao Dépor e ao Fabril deséxolles o mellor a partir de agora. Sabedes que, alá onde estea, atoparedes sempre un Deportivista máis."

Pola súa banda, o Real Club Deportivo quere agradecer a Pinchi todos estes anos de esforzo e dedicación ao Club, desexándolle a maior das sortes no seu futuro persoal e profesional lonxe de Abegondo e A Coruña.