RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Plan de viaxe do equipo a Cardiff para o amigable do 31 de xullo

O Club acaba de pechar o plan de viaxe do primeiro equipo a Cardiff para o amigable ante o Cardiff F.C. o próximo sábado 31 de xullo:

Venres 30 de xullo
15.55: Saída do Aeroporto da Coruña con destino a Londres
16.50 (hora local, unha hora máis en España): Chegada a Londres e viaxe en autocar a Cardiff
19.30 (hora local aproximada): Chegada ao hotel Vale Resort en Cardiff

Sábado 31 de xullo
15.00 (hora local): Cardiff F.C. - Deportivo no Cardiff Stadium

Domingo 1 de agosto
17.35 (hora local): Saída do avión de Londres con destino ao Aeroporto da Coruña
20.35: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

O equipo regresará ao Reino Unido o 6 de agosto, para medirse ao West Ham en Upton Park o sábado 7 de agosto ás 15.00 (hora local). O plan de viaxe para este segundo partido nas Illas Británicas é o seguinte:

Venres 6 de agosto
15.55: Saída do Aeroporto da Coruña con destino a Londres
16.50 (hora local, unha hora máis en España): Chegada a Londres e aloxamento no Radisson Edwardian New Providence

Sábado 7 de agosto
15.00 (hora local): West Ham - Deportivo en Upton Park

Domingo 8 de agosto
17.35 (hora local): Saída do avión de Londres con destino ao Aeroporto da Coruña
20.35: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña