O consello de administración do R.C. Deportivo dá un novo impulso á campaña destinada a alcanzar os 30.000 abonados, un obxectivo posible co esforzo de todos. Actualmente, o número de socios é de 29.309.
Facerse abonado do R.C. Deportivo é máis fácil que nunca. Os prezos para toda a segunda volta, incluído o R.C. Deportivo-Real Madrid da última xornada e o partido de volta de semifinais de Copa do Rei do próximo día 30 de xaneiro son os seguintes:
Abonos ata final de tempada
Pesetas
Euros
Tribuna Superior
44.100
265,05
Tribuna Inferior
39.900
239,80
Tribuna Inferior delant.
37.000
222,37
Preferencia Superior
37.000
222,37
Preferencia Inferior
18.000
108,18
Pavillón Superior
18.000
108,18
Pavillón Inferior
12.000
72,12
Maratón Superior
26.500
159,27
Maratón inferior
14.700
88,35
Xubilados (Pavillón S.)
11.800
70,92
Parados (Pavillón S.)
8.800
52,89
Socio amigo
5.000
30,05
Ademais, os socios do R.C. Deportivo terán preferencia para conseguir unha entrada para unha hipotética final de Copa do Rei no Santiago Bernabéu. E ser socio do R.C. Deportivo implica unha rebaixa para os abonos ou entradas soltas dos dous partidos da segunda fase da liga de Campións en Riazor, ante a Juventus de Turín e o Bayer Leverkusen.