RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Porto-Dépor e Oviedo-Dépor, novas citas da pretemporada branquiazul

Tras a presentación onte do seu novo adestrador, Sérgio Conceição, hoxe se oficializa o partido de presentación do FC Porto 2017-2018 ante a súa afección, o que disputará ante o Dépor no Estádio do Dragão o 30 de xullo en horario por determinar. Será o encontro que peche un intenso mes de xullo para o equipo branquiazul.

O Dépor regresa deste xeito ás instalacións portistas 13 anos despois de xogar alí a ida das semifinais da Liga de Campións que acabaron gañando os portugueses en Gelsenkirchen o 26 de maio de 2004. Os Porto-Dépor e Dépor-Porto foron un encontro clásico de verán ao longo da centenaria historia de ambas as entidades, tras enfrontarse por primeira vez o 8 de febreiro de 1925.

Tamén se pechou nas últimas horas un novo amigable de preparación, o que enfrontará no Carlos Tartiere o 3 de agosto ao Real Oviedo e o Dépor. O conxunto carbayón aínda non pechou a temporada 2016-2017 e mantén opcións de entrar en fase de ascenso a LaLiga Santander.

Estes son os partidos confirmados ata o momento para a pretemporada do primeiro equipo deportivista:

13 de xullo: Racing Villalbés - Deportivo (A Magdalena, Vilalba)
14 de xullo: Arousa - Deportivo (A Lomba, Vilagarcía de Arousa)
15 de xullo: Silva - Deportivo (Campus Universitario de Elviña, A Coruña)
18 de xullo: Cerceda - Deportivo (O Roxo, Cerceda)
20 de xullo: Somozas - Deportivo (Manuel Candocia, Somozas)
22 de xullo: Bergantiños - Deportivo (As Eiroas, Carballo)
25 de xullo: Pontevedra - Deportivo (Pasarón, Pontevedra)
27 de xullo: Racing de Ferrol - Deportivo (A Malata, Ferrol)
30 de xullo: FC Porto - Deportivo (O Dragão, Porto)
3 de agosto: Real Oviedo - Deportivo (Carlos Tartiere, Oviedo)
5 de agosto: Deportivo - West Bromwich Albion (Riazor)