RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Portugal apea a Mella e a España en cuartos de final do Europeo sub-17

- Foto: @SeFutbol -

David Mella representou a #ANOSACANTEIRA na fase final do Campionato de Europa sub-17 que se xoga en Israel.

Portugal foi hoxe o rival de España e do canteirán branquiazul na eliminatoria de cuartos de final que se xogou no Netanya Stadium da localidade de Netanya.

Mella empezou no banco e saltou ao campo no minuto 56 en substitución de Dani Rodríguez. Portugal, que xa se adiantou no marcador no minuto 6, eliminou aos españois (1-2).

Na Primeira Fase, España abriu a súa participación o martes 17 de maio impoñéndose a Turquía por 0-2. No minuto 68, Mella substituíu a Dani Rodríguez.

Bélxica, o venres 20, foi o segundo rival do futbolista branquiazul e o seu equipo. Gañaron os españois (2-0), un resultado que clasificou xa aos pupilos de Julen Guerrero a cuartos de final. Mella tamén empezou de suplente e saltou ao campo no minuto 73 en substitución de Dani Pérez.

No último partido de España o luns 23 ante Serbia, Mella saíu de inicio por única vez no torneo. O futbolista branquiazul adiantou á selección cun soberbio dereitazo desde fóra da área no minuto 76. Jovan Milošević, de penalti no minuto 88, fixo o tanto do empate definitivo cando Serbia xogaba con dez por expulsión de Jovan Mijatović no minuto 78. Xusto despois do gol balcánico, Mella foi substituído por Miguel Carvalho.

Os resultados da selección española sub-17 foron os seguintes:

Martes 17 de maio
TURQUÍA 0 - ESPAÑA 2

Venres 20 de maio
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 0

Luns 23 de maio
ESPAÑA 1 - SERBIA 1

Cuartos de final
Xoves 26 de maio
ESPAÑA 1 - PORTUGAL 2