O Rotary Club da Coruña entregou esta tarde un premio ao presidente do R.C. Deportivo, Augusto César Lendoiro, polos éxitos cultivados.
Unha delegación da sociedade coruñesa acudiu á sede deportivista para o acto, no que o Club herculino recibiu o recordo pola consecución da liga, da Supercopa e a boa imaxe en Champions.