RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Presentado "De Arsenio a Arsenio. Vintedous anos de historia deportivista"

A sede da Fundación ONCE no Cantón Grande da Coruña acolleu a presentación do libro "De Arsenio a Arsenio. Vintedous anos de historia deportivista", escrito por Xan Fraga e editado por Phottic. Xunto ao autor da obra e o editor estiveron o protagonista, Arsenio Iglesias, e o presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández.

O libro presentouse xusto o día en que se cumprían 60 anos do último gol co Dépor de Arsenio, como revelou Xan Fraga, que fixo un somero percorrido polo traballo, deténdose nalgunha anécdota máis e analizando unha obra que é unha homenaxe a Arsenio e ao fútbol modesto coruñés que tantos xogadores de primeiro nivel deu ao balompé nacional. Arsenio agradeceu este traballo e todas as mostras de respecto e agarimo que recibe a diario quen, para Tino Fernández, "mellor representa ao Deportivo e os seus valores. Arsenio é o Deportivo. Temos a sorte de compartir tempo con el e gozar dunha figura que moi poucos equipos teñen. Nós témola e posiblemente tardaremos en ter outro que veña detrás do que se poida falar todo o que falamos de Arsenio".

O presidente branquiazul afirmou que para el e o seu consello de administración, tras as vitorias no campo que fan felices a todos os seguidores, "estes actos de fomento do deportivismo (culturais, coas peñas, ...) son a nosa maior satisfacción".