RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Presentado Ibrahim Sisoko como novo xogador do Dépor

O costamarfileñou Ibrahim Sissoko foi presentado esta tarde como cuarto reforzo do Deportivo no mercado de inverno. O futbolista, de 22 añvos, chega cedido ata final de tempada sen opción de compra desde o Wolfsburgo alemán.

Antes e despois da presentación, o presidente do Deportivo, Tino Fernández, puntualizou algúns datos sobre o mercado de fichaxes, que se pecha o vindeiro venres e no que o conxunto branquiazul aínda segue inmerso. Nese sentido avanzou que só se produciría unha incorporación máis, para o posto de central, todo iso manténdose dentro dos límites marcados a nivel salarial pola liga de Fútbol Profesional.