RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Prezos populares para o Teresa Herrera

O consello de administración do R.C. Deportivo quere que o estadio de Riazor sexa unha auténtica festa durante a celebración do decano dos trofeos estivais españois, o Trofeo Teresa Herrera, e para iso dispuxo uns prezos moi populares.

Co Real Madrid e o R.C. Deportivo (campión e subcampión da liga Española, quizais a mellor do mundo), xa confirmados no cartel, o R.C. Deportivo abaratou os prezos dos abonos para todo o torneo e das entradas para cada unha das xornadas, cuxa venda se iniciará nos próximos días (primeiro os abonos e un pouco máis tarde as entradas).

Ademais, os socios do R.C. Deportivo teñen rebaixa adicional nos prezos do Trofeo Teresa Herrera. Para iso deben de renovar o seu carné de abonado do club deportivista, posto que non se admitirá o carné da tempada 2000-01. Os prezos dos abonos anuais e mensuais tamén se farán público nos próximos días.

Desta forma, os abonos do Trofeo Teresa Herrera para o catro partidos para os socios do R.C. Deportivo e o público teñen estes prezos:

Tribuna Superior: 5.000(socios), 10.000(público)
Tribuna Inferior:5.000(socios), 10.000(publico)
Preferencia Superior:4.500(socios), 9.000(público)
Maratón Superior:3.500(socios), 7.000(público)
Pavillón Superior:2.500(socios), 5.000(público)
Maratón Inferior: 2.000(socios), 4.000(público)
Preferencia Inferior:2.000(socios), 4.000(público)
Pavillón Inferior:1.500(socios), 3.000(público)
Junior:1.000 (socios), 2.000(público)

Os abonos infantís (para nenos menores de 14 anos) custarán aproximadamente a metade dun abono de adulto.

Os prezos das entradas para socios para 1ª e 2ª xornada e para a final son os seguintes:

Tribuna Superior: 3.000 - 4.000
Tribuna Inferior: 3.000 - 4.000
Prefrencia Superior: 2.500 - 3.500
Maratón Superior: 2.000 - 3.000
Pavillón Superior: 1.500 - 2.000
Maratón Inferior: 1.500 - 1.500
Preferencia Inferior: 1.5000 - 1.500
Pavillón Inferior: 1.000 - 1.000
Junior: 500 - 500

Os prezos das entradas para público para 1ª e 2ª xornada e para a final son os seguintes:

Tribuna Superior: 5.000 - 6.000
Tribuna Inferior: 5.000 - 6.000
Prefrencia Superior: 4.000 - 5.000
Maratón Superior: 3.000 - 4.000
Pavillón Superior: 2.500 - 3.000
Maratón Inferior: 2.000 - 2.500
Preferencia Inferior: 2.000 - 2.500
Pavillón Inferior: 2.000 - 2.000
Junior: 1.000 - 1.000