RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Primeira toma de contacto de Óscar Cano co cadro en ABANCA-RIAZOR

Finalizada a rolda de prensa de presentación na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, Óscar Cano cruzou por primeira vez o corredor de vestiarios do estadio cara á caseta branquiazul. A temporada pasada, hai pouco máis dun ano, cruzou ese mesmo corredor pero cara á visitante que naquela ocasión ocupaba o CD Badajoz.

Despois dunha primeira charla cos seus novos futbolistas, o novo adestrador branquiazul dirixiu a súa primeira sesión sobre o céspede do Estadio.

Esta primeira xornada de traballo consistiu nun quecemento, un roldo posicional e unha serie de partidos a tres cuartas partes de campo.

Ian Mackay e Trilli completaron toda a sesión e Isi Gómez realizou soamente a primeira tarefa co grupo.

Finalmente estiveron con adestramento individualizado Jaime e Víctor Narro.

Mañá xoves, o equipo adestrarase en Abegondo a partir das 11:00 horas. Será a primeira das tres sesións das que disporá Óscar Cano para preparar o partido en ABANCA-RIAZOR ante o Linares Deportivo, previsto para o domingo 16 de outubro ás 19:00 (TVG-2 e InSports.tv), correspondente á 8ª xornada do grupo 1º de Primera Federación.

A planificación de traballo para o que queda de semana é a seguinte:

Xoves 13 de outubro
11:00 h., en Abegondo

Venres 14 de outubro
10:30 h., en Abegondo

Sábado 15 de outubro
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Domingo 16 de outubro
19:00: Deportivo - Linares, en ABANCA-RIAZOR