RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Primeira toma de contacto de Pedro Mosquera co grupo

Pedro Mosquera foi a novidade no adestramento do Deportivo esta mañá, nunha sesión a porta pechada en ABANCA-RIAZOR.

O centrocampista coruñés tivo as primeiras sensacións co grupo nunha sesión fundamentalmente técnico-táctica.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo comprobarán agora o seu estado físico nas próximas horas.

No estadio, após un quecemento e uns rondos, Natxo González, que só tivo á marxe a Krohn-Dehli, dispuxo unha serie de partidos tácticos 11 contra 11 e a campo completo, co fin de ensaiar o plan para o partido deste domingo 24 de febreiro na Rosaleda ante o Málaga CF (18:00, Movistar Partidazo).

Mañá venres, o Dépor regresa a Abegondo, a partir das 11:00 horas.