RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro día de Luis Ruiz no Dépor, nunha mañá que arrancou con charla arbitral ao cadro

Luis Ruiz Sayago (Huelva, 30 de xuño de 1992), a última incorporación deportivista, adestrouse por primeira vez na Cidade Deportiva ás ordes de Juan Antonio Anquela.

O adestramento arrancou con charla arbitral a cargo do colexiado galego Javier Iglesias Villanueva, co obxecto de explicar ao cadro as modificacións nas normas de xogo vixentes xa esta temporada.

Así pois, con case hora e media de atraso sobre o horario habitual deste verán, os futbolistas saltaron ao céspede na primeira sesión desta semana grande, última de pretemporada, que se pechará o sábado 10 co Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas) ante o Real Betis.

As tarefas foron fundamentalmente físicas, cun quecemento, rondos e un exercicio de carreira dirixido polo preparador físico Marcos Marcén.

Diego Rolan realizou xa unha parte co grupo e outra co readaptador, Fran Molano.

Mañá martes, o Dépor recupera a dobre quenda (10:00 e 18:30 horas) en Abegondo.