RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiros partidos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA en Torrelavega e Azpeitia

A fin de semana en #ANOSACANTEIRA arrancou hoxe venres cos primeiros partidos do Infantil en Torrelavega e do Orzán SD Infantil Feminino (foto principal) en Azpeitia.

Ademais hai citas mañá sábado en Valdoviño (Orzán SD Cadete Feminino), Carballo (Alevín), A Coruña (Fabril FC Alevín), Ribadumia (Benxamín A) e A Estrada (Fabril FC Benxamín).

Pola súa banda, o Xuvenil B concluíu onte xoves o Torneo Ourense Provincia Termal, no que se mediu ao RC Celta e Real Madrid.

Un equipo infantil gana o primeiro partido do Torneo San Bernabé (Torrelavega)

Un equipo infantil do Dépor compite no Torneo San Bernabé en Torrelavega (Cantabria), competición na que participaron xa cadetes, alevíns e benxamíns do Club.

O conxunto branquiazul mídese en Primeira Fase ao CD Marina Sport, Real Sporting de Gijón, CD Revilla e SD Indautxu.

Hoxe venres, o Infantil goleou (6-0) na primeira xornada ao CD Marina Sport.

O calendario de partidos, todos eles en Tanos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 17 de xuño
INFANTIL 6 (Uxío -2-, Trigo, Mauro, Sergio e Roi) - CD MARINA SPORT 0

Sábado 18 de xuño
12:30: INFANTIL - REAL SPORTING DE GIJÓN
15:00: INFANTIL - CD REVILLA
20:00: INFANTIL - SD INDAUTXU

En función de clasificación, os equipos pasarán logo a unha Segunda Fase.

Empate agridoce do Orzán SD Infantil Feminino na primeira xornada da Azpeitia Cup 2022

O Orzán SD Infantil Feminino, vixente campión galego, participa na Azpeitia Cup 2022 desde hoxe venres 17 de xuño.

Real Betis A, CD Leganés, CD Sanse, Basauriko Kimuak FK e Ezkurdi KT B son os rivais iniciais das orzanistas.

Na primeira xornada, sabor agridoce cun empate (1-1) ante o Basauriko Kimuak FK, porque o gol das vascas chegou no último minuto.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 17 de xuño
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 1 (Ánxela Prado) - BASAURIKO KIMUAK FK 1

Sábado 18 de xuño
10:00: REAL BETIS A - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
12:00: CD SANSE - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
17:00: EZKURDI KT B - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
18:30: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - CD LEGANÉS

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros de todos os grupos pelexarán polo título mentres que o resto xogarán unha Fase de Consolación, todo iso o domingo 19 a partir das 9:00 horas.

O Orzán SD Cadete Feminino xoga o Torneo Amistade Meirás

O Orzán SD Cadete Feminino, vixente campión galego, xoga mañá sábado 18 de xuño o Torneo Amistade Meirás no campo de Mourente (Valdoviño).

As orzanistas mídense en Primeira Fase ao Atlántida Matamá, SCD Milagrosa e Escuela de Fútbol Silleda.

O calendario é o seguinte:

11:00: ORZÁN SD CADETE FEMININO - SCD MILAGROSA
13:20: ORZÁN SD CADETE FEMININO - EF SILLEDA
15:40: ORZÁN SD CADETE FEMININO - ATLÁNTIDA MATAMÁ

Segundo clasificación, os equipos emparéllanse a continuación en cuartos de final, que arrancan ás 18:00 horas.

Clásica presenza do Alevín A en Carballo

Como é tradicional cada mes de xuño, o Alevín A participa no torneo Concello de Carballo que se disputa nas Eiroas desde mañá sábado coa modalidade de fútbol 7.

Pabellón CF, RC Celta, Académie Caïman FC, Selección Costa da Morte, EF Luis Calvo Sanz, CD Lugo e Real Sporting de Gijón son os rivais dos branquiazuis.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 18 de xuño
10:30: ACADÉMIE CAÏMAN FC - ALEVÍN A
12:15: ALEVÍN A - PABELLÓN CF
14:00: SELECCIÓN COSTA DA MORTE - ALEVÍN A
17:05: ALEVÍN A - REAL SPORTING DE GIJÓN
18:15: ALEVÍN A - EF LUIS CALVO SANZ
20:00: RC CELTA - ALEVÍN A

Domingo 19 de xuño
10:35: ALEVÍN A - CD LUGO

Os catro primeiros xogarán as semifinais, a partir das 11:45 horas.

O Torneo Epifanio Campo, obxectivo do Fabril FC Alevín

O Fabril FC Alevín ten como obxectivo mañá sábado 18 de xuño a I edición do Memorial Epifanio Campo, que se celebra no campo coruñés de Elviña.

O cadro fabrilista quedou encadrado no grupo B, co Montañeros B CF, ED Xuventude de Oroso e Pabellón Ourense CF.

O calendario do Fabril FC Alevín é o seguinte:

Primeira Fase
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - ED XUVENTUDE DE OROSO
13:00: PABELLÓN OURENSE CF - FABRIL FC ALEVÍN
15:30: FABRIL FC ALEVÍN - MONTAÑEROS B CF

Os dous primeiros de grupo accederán a cuartos de final, que comezan ás 17:00 horas.

Novo test para o Benxamín A, esta vez en Ribadumia

O Benxamín A, que a pasada fin de semana xogou en Polonia, ten desde mañá sábado un interesante test na II edición da Copa Ribadumia Clae Viajes, nas instalacións da Senra.

O conxunto branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase no grupo G, co Club FDE, Atlético Perines, SD Burela, EDC Xinzo e Alba de Tormes CF.

O calendario do Benxamín A é o seguinte:

Primeira Fase

Sábado 18 de xuño
12:00: ALBA DE TORMES CF - BENXAMÍN A
16:25: BENXAMÍN A - ATLÉTICO PERINES
18:55: BENXAMÍN A - SD BURELA
21:00: BENXAMÍN A - EDC XINZO

Domingo 19 de xuño
9:30: BENXAMÍN A - CLUB FDE

Os dous primeiros de grupo xogarán a Fase polo Título e o terceiro disputará unha Fase de Consolación.

A Estrada acolle ao Fabril FC Benxamín

O Fabril FC Benxamín participa mañá sábado 18 de xuño na V edición do Torneo Concello da Estrada, torneo que se disputa no Novo Municipal da Estrada.

Os fabrilistas teñen como rivais iniciais ao ED Val Miñor e ao Real Sporting de Gijón no grupo B.

O calendario de partidos do Fabril FC Benxamín é o seguinte:

Primeira Fase
9:55: FABRIL FC BENXAMÍN - ED VAL MIÑOR
10:45: REAL SPORTING DE GIJÓN - FABRIL FC BENXAMÍN

Segundo clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha Segunda Fase.

Finalizou a participación do Xuvenil B no Torneo Ourense Provincia Termal

O Xuvenil B, subcampión da Liga Nacional, concluíu a temporada 2021-22 coa disputa do torneo Ourense Provincia Termal, competición amigable que se desenvolve ao longo desta semana no campo de fútbol Miguel Ángel (Ourense).

O conxunto branquiazul mediuse ao RC Celta e ao Real Madrid na Primeira Fase.

O mércores, o Xuvenil B caeu (3-2) cos célticos nun partido de alternativas e resolto nos minutos finais.

Onte á noite, os deportivistas non puideron co Real Madrid (1-3); marcador que apea ao Xuvenil B das semifinais.

Os resultados do Xuvenil B foron os seguintes:

Primeira Fase
Mércores 15 de xuño
RC CELTA 3 - XUVENIL B 2 (Marco Baña e Mardones)

Xoves 16 de xuño
XUVENIL B 1 (Pablo Parada) - REAL MADRID 3