RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Probas médicas e físicas entre Abegondo e o Policlínico HM de Matogrande

Os 24 futbolistas do Deportivo citados para arrincar a pretemporada completarán entre hoxe e mañá probas médicas e físicas entre o ximnasio de Abegondo e o Policlínico HM de Matogrande.

Os xogadores branquiazuis, divididos en 4 grupos, realizan na Cidade Deportiva unha analítica, antroprometría e unha exploración física, con valoración de forza explosiva, valoración a cargo dos fisioterapeutas...

No Policlínico HM de Matogrande, os futbolistas fan durante estes dous días unha proba de esforzo.

Mañá martes, comparecerá ás 10:00 horas en rolda de prensa no Policlínico HM de Matogrande outra das novas incorporacións, Sebastián Dubarbier.