RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Programación especial de Canle Plus debido ao derbi do próximo domingo en Vigo

Canle Plus, que retransmite en directo o próximo domingo 15 de abril (12.00 horas) o derbi galego de Balaídous, tendrá ao longo desta semana unha programación especial.

Mañá luns (18.30 horas), o técnico deportivista, José Luís Oltra, será convidado o programa Banda Ancha. Os espectadores terán a oportunidade de entrevistar o adestrador branquiazul enviando as súas preguntas a través desta ligazón
 
O martes (19:30h), o gran protagonista será Fran, que será a estrela nunha nova edición de Mestres do Fútbol.
 
O mércores ás 22:30 o especial O Derbi Galego: Análise, profundará o estado de forma de ambos os conxuntos antes do derbi, cun repaso ás súas actuacións ao longo da tempada: os mellores xogadores, os partidos máis completos, as claves en ataque e en defensa…  E ás 23:00, Club de Fútbol visita A Coruña para mostrar desde dentro, e xunto a protagonistas como Lendoiro, Manuel Pablo ou Valerón, como funciona o club herculino e as súas instalacións.