RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Punto para o Orzán SD Xuvenil no arranque da fin de semana en ANOSACANTEIRA fememina, co Dépor ABANCA B este sábado 7 no Dépor Training Center

O empate (1-1) entre o Orzán SD Xuvenil e o Sárdoma CF B, este venres 6 de febreiro no Dépor Training Center, abriu o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina.

Adiantáronse as viguesas aos 36 minutos de partido pero igualou Daniela Barbanzán no minuto 46.

Con este resultado, as orzanistas suman 10 puntos e sitúanse na 14ª posición da Primera Autonómica, á espera dos resultados do resto da xornada.

Xa este sábado 7 de febreiro, o Deportivo ABANCA B recibe ás 12:00 no Dépor Training Center ao Real Racing Club.

O filial presenta a Karla Bermejo, dianteira cedida polo Racing Power portugués e que xa debutou o pasado domingo en Zubieta ante a Real Sociedad B.

Ademais, Antía Veiga foi citada de novo para uns adestramentos coa selección española sub-17 do luns 9 ao mércores 11 de febreiro.

Completa a xornada do sábado o partido do Orzán SD Cadete fronte ao Silva SD (12:15 en Eirís) e os partidos das infantís: o A ás 10:00 ante o Sporting Burgo (campo da Grela 1) e o B ás 18:30 fronte ao UD Cerqueda (campo 3 da Torre).

Para o domingo 8 queda o encontro do Orzán SD Sub-21 en Santiago ante o Victoria FC (12:00) na Tercera Federación.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL RACING CLUB, o sábado 7 de febreiro ás 12:00 no Dépor Training Center
Clasificación: ... 4. Real Racing Club, 33 puntos... 10. Bizkerre Club, 16 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 12. Olímpico de León, 13 puntos...

Tercera Federación
16ª xornada: VICTORIA FC - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 8 de febreiro ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Clasificación: ... 6. Victoria FC, 25 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 20 puntos; 8. Tomiño FC Femenino e EFM Concello de Boiro, 16 puntos...

Primera Autonómica
17ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Daniela Barbanzán) - SÁRDOMA CF B 1
Clasificación: ... 13. Xallas FC, 11 puntos; 14. Orzán SD Xuvenil (un partido máis) e Sporting Burgo, 10 puntos; 16. Sárdoma CF B (un partido máis), 8 puntos

Liga Galega cadete
15ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD CADETE, o sábado 7 de febreiro ás 12:15 en Eirís
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 32 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 31 puntos... 6. Silva SD, 20 puntos...

Liga Galega infantil
15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SPORTING BURGO, o sábado 7 de febreiro ás 10:00 na Grela 1
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 34 puntos; 2. Racing de Ferrol, 31 puntos... 9. Sporting Burgo, -3 puntos

15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - UD CERQUEDA, o sábado 7 de febreiro ás 18:30 na Torre (campo 3)
Clasificación do grupo 2º: ... 4. UD Cerqueda (un partido menos), 23 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 20 puntos; 6. AD Cristo Rey, 19 puntos...